MAMÍFEROS

PECARÍ DE COLAR

Pecari tajacu

Os pecarís de colar son animais nómades diúrnos que viven en grupos de 1 a 20 membros. A manda é dominada e conducida polo macho máis robusto. Dormen pola noite en tobos, ou con frecuencia baixo as raíces das árbores.

Aínda que usualmente ignoran a presenza humana, os pecarís de colar poderían reaccionar se son ameazados, utilizando os seus longos cabeiros, que se afían sós cando abren e pechan a súa boca. Rinchan tamén moi rápido os dentes, producindo un son de castañolas para asustar aos seus inimigos. Ademais, liberan un almiscre moi forte se senten alarmados.



Entradas