OVELLA GALEGA
Ovis aries celtibericus
SABÍAS QUE…?
Podes identificar a carne, leite, queixo e la procedente desta raza a través do logotipo “raza autóctona” Galega.
Alimentación
É un animal herbívoro. Adáptase moi ben e é unha experta en aproveitar os recursos naturais do campo galego, xa que se alimenta principalmente de herba dos prados.
Habitat
Antigamente era común en toda Galicia. Hoxe en día a maior concentración da raza sitúase en Ourense, metade sur de Lugo e oeste de Pontevedra.
Status
O Catálogo Oficial de Razas de Gando de España inclúe á Galega no grupo de Razas Autóctonas en Perigo de Extinción.