parallax background

OVELLA GALEGA

Ovis aries celtibericus

SABÍAS QUE…?

Podes identificar a carne, leite, queixo e la procedente desta raza a través do logotipo “raza autóctona” Galega.


Descrición

Admítense dous ecotipos: o mariñán ou das zonas baixas é maior, pesan entre 35-40 Kg as ovellas e 50-70 Kg os machos. O ecotipo de montaña é menor: 20-35 Kg as ovellas e 35-45 Kg os carneiros.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É un animal herbívoro. Adáptase moi ben e é unha experta en aproveitar os recursos naturais do campo galego, xa que se alimenta principalmente de herba dos prados.

Habitat

Antigamente era común en toda Galicia. Hoxe en día a maior concentración da raza sitúase en Ourense, metade sur de Lugo e oeste de Pontevedra.

Status

O Catálogo Oficial de Razas de Gando de España inclúe á Galega no grupo de Razas Autóctonas en Perigo de Extinción.


Entradas