parallax background

MAMÍFEROS

OSO PARDO

Ursus arctos

É un animal solitario, activo principalmente pola noite, moi curioso, intelixente e con moi boa memoria. O seu olfacto e oído están moi desenvolvidos. A lonxevidade destes osos pode alcanzar os 34 anos.

A hibernación é completa, pois non se alimenta, descende a temperatura do seu corpo e tamén a percepción. As gadoupas son as súas ferramentas de traballo, grazas a elas poden subirse ás árbores, recoller froitos, andar pola neve, levantar pedras para buscar insectos larvas ou ovos.

A nai é a encargada de ensinarlle os distintos tipos de alimentos e a diferenciar os distintos velenos (p.e.: cogomelos).


Descrición

Neste oso hai unha elevada variabilidade tanto na lonxitude do corpo como na altura cuadrúpede e no peso. A súa cor parda escuro varía tamén desde o castaño ao gris. Os ollos son moi pequenos en relación ao seu corpo. Adoita estar máis activo pola noite que polo día. Cada dous anos nacen normalmente dentro da oseira de dous a tres osiños nos meses de xaneiro a febreiro , durante a hibernación. O peso das crías ao nacer é duns 250 gramos (10 veces menos que un bebé). É curioso se o comparamos co peso da súa nai, que é de ao redor de 250 kg. Nacen sen pelo e ata o mes non se lle ven os ollos. Abandonan a oseira coa súa nai na primavera e fanse adultos con dous anos. A nai é a encargada de ensinarlles a cazar e colleitar alimentos, xa que o macho tan só intervén na época de celo e logo abandona á femia.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É omnívoro, come vexetais como raíces, tubérculos, froitos, plantas, cogomelos; animais como insectos, peixes, pequenos roedores e mel silvestre, tanto as larvas como os seus paneis. Tamén se alimenta de ovos, prea e en ocasións cervos e gando doméstico. No outono aumenta a súa inxesta de froitas para incrementar o cúmulo de graxas para prepararse para a hibernación, e por tanto, aumenta considerablemente o seu peso.

Habitat

Vive en bosques e montañas da Cordilleira Cantábrica, Pirineos e ocasionalmente pode aparecer en Galicia.

Status

UICN: baixo risco de ameaza/mínima preocupación (LR/ LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. CITES: apéndice II. O oso pardo non está ameazado de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. O comercio internacional pode autorizarse concedendo un permiso de exportación ou un certificado de reexportación. Só deben concederse os permisos ou certificados se as autoridades competentes determinaron que se cumpriron certas condicións, en particular, que o comercio non será prexudicial para a supervivencia desta especie no medio silvestre. Segundo o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas é unha especie en perigo de extinción, xa que que a súa supervivencia é pouco probable a curto prazo. En Galicia está catalogado como unha especie en perigo de extinción.


Entradas