parallax background

MORCEGO EXIPCIO

Rousettus aegyptiacus

Os morcegos son os únicos mamíferos capaces de voar, como as aves.

Desenvolven a súa actividade na posta e na saída do sol e ao longo da noite.

En concreto, esta especie é moi importante ecoloxicamente porque son polinizadores ou dispersores de sementes de moitas especies de árbores e plantas. Por exemplo, o baobab é exclusivamente dependente dos morcegos da froita para polinizar as súas flores. Coñécense tamén co nome de “raposos voadores” , porque o seu fociño lembra ao dos raposos.

Descrición

Esta especie pode alcanzar os 60 cm de longo. Orientan o seu voo grazas ao sentido do olfacto e a vista, por iso presentan uns ollos de gran tamaño e desenvolvidos, aínda que a diferenza doutras especies fruxívoras, posúen unha ecolocalización rudimentaria para orientarse cando se atopan en total escuridade. Existe dimorfismo sexual, os machos son máis grandes que as femias e diferéncianse facilmente polo saco escrotal grande e visible. As femias xeralmente dan a luz só unha cría, despois dun período de xestación de 4 meses. Durante 6 semanas as crías son totalmentes depedentes das súas nais ata que poidan voar.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Habitat

Atopáronse por primeira vez na gran pirámide de Gizeh e están presentes nas súas inscricións xeroglíficas. Adoitan habitar rexións tropicais e subtropicais de África meridional, occidental e oriental. A diferenza doutros fruxívoros, refúxianse polo día en covas, preto da entrada, colgados cara abaixo e moi xuntos.

Status

Entradas