parallax background

MAMÍFEROS

LOBO IBÉRICO

Canis lupus signatus

O lobo é un dos mamíferos mellor coñecidos cientificamente. O seu ouveo na noite achéganos a un mundo máxico, cheo de lendas, mitos, prexuízos e falsidades.

Nalgunhas culturas, o lobo é símbolo de luz, asociado a divindades solares como Apolo. Con todo, no cristianismo asóciano co diaño e o pecado.

Pero os nosos antepasados, admirados pola súa nobreza, conseguiron domesticar algunhas especies de lobos que deron lugar hoxe en día a distintas razas de cans.


Descrición

O lobo ibérico ten un tamaño un pouco menor que un pastor alemán, as súas patas dianteiras son de maior tamaño que as traseiras e destacan os seus cabeiros frontais, deseñados para desgarrar a carne das súas presas. Os lobos viven en grupos sociais xerarquizados que aumentan a súa eficacia na caza e só a parella alfa pode ter descendencia, ademais de ser a líder e a guía da manda. Tras unha xestación de dous meses, nacen unha media de 5 lobetos por camada na primavera. Teñen un sistema de comunicación complexo. Para iso usan expresións faciais e corporais (posición da cola e do seu corpo), cheiros (ouriños e feces) e sons (ouvidos, gruñidos, etc). A presenza do lobo nos nosos ecosistemas é clave. A súa desaparición carrexa serios desequilibrios na nosa contorna (na vexetación, nas densidades de herbívoros ou en depredadores menores, por exemplo o xabaril).

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É un excelente cazador, e pode acosar cunha velocidade constante máis ou menos alta durante horas ás presas. A súa dieta varía enormemente dependendo da zona. Aliméntase de ungulados (corzos, rebezos, cabra montesa, etc) coellos, raposos, xabarís, pequenos carnívoros, peixes e animais domésticos (ovellas e tenreiros). A pesar de que son carnívoros, no outono, aliméntanse de abelás, amorodos, arándanos, landras e incluso de grans de cereais.

Habitat

Están adaptados a vivir en distintos hábitats (chairas, bosques e zonas montañosas) con baixa densidade de poboación humana. As lobeiras son localizadas en zonas con alta densidade de vexetación ou en antigos tobos de teixugos ou raposos. Pero sempre preto de cursos de augas ou regatos. Aparéanse no inverno, a súa xestación dura uns 63 días, nos meses de abril e maio e paren de 4 a 6 lobetos que son independentes aos 6 meses.

Status

Na Península Ibérica, a xestión do lobo enmárcase dentro da Directiva Comunitaria 92/43/CEE, que ditamina que as poboacións de lobo situadas ao sur do río Douro figuran no anexo II (taxons obxecto de medidas especiais en canto á conservación do seu hábitat) e o anexo IV (taxons estritamente protexidos). En cambio, as poboacións situadas ao norte do mesmo río, figuran no anexo V, que determina que os lobos poden ser obxecto de medidas de xestión, pero sempre deberán prevalecer criterios científicos de xestión que aseguren un estado de conservación favorable (artigo 14).


Entradas