ACTIVIDADES


AULA EDUCATIVA

INFORMACIÓN PAIS/NAIS/TUTORES

Vigo Zoo
Descarga PDF

As familias non poderán visitar os seus fillos durante a súa estanza no campamento, para non interferir no desenvolvemento normal das actividades. As visitas son contraproducentes tanto para os nenos coma para os familiares.

En caso de que algún neno teña algún contratempo, poñerémonos inmediatamente en contacto coa familia.

Os nenos/ás non poderán levar consigo teléfonos móbiles no transcurso das actividades, polo que a organización dispoñerá dun servizo de consigna. Desta forma, só se utilizarán cando sexa necesario para contactar coas familias.

Os nenos non deben levar reprodutores Mp3, Ipods, Psp, Nintendo DS nin ningún outro dispositivo electrónico que os distraia das súas actividades diarias. Estes aparatos illan os nenos. En caso de encontrar algún, os nosos monitores están autorizados a gardarllo ata o final do campamento.

Se algún neno ten que levar medicamentos, deberá notificalo aos responsables do campamento (non é conveniente que os teña no seu poder).

Os participantes que utilicen lentes ou lentes de contacto levarán consigo un recambio.

Vigozoo non se responsabiliza das perdas de obxectos persoais, diñeiro e/ou pezas de roupa que poidan producirse durante o desenvolvemento dos campamentos ou da deterioración destes. Os obxectos perdidos ou esquecidos, no caso de que fosen recuperados, estarán á súa disposición durante un mes nas oficinas da nosa entidade. Transcorrido o mes, se estas non foron reclamadas, serán cedidas a unha entidade benéfica.

Os casos de falta grave de disciplina ou incumprimento das normas do campamento poñeranse en coñecemento dos familiares.

As situacións especiais do participante que requiran accións concretas sobre el/ela (en caso de existir) ou que se consideren importantes para o mellor desenvolvemento das actividades, deberán ser comunicados por escrito no momento da inscrición do participante.

As consultas importantes que teñan os pais durante o campamento resolveranse a través do teléfono da nosa sede, a calquera hora do día.

A colaboración dos pais é necesaria para conseguir que os nenos se adapten ben e gocen das actividades, evitando problemas que afecten á correcta organización do campamento. Os nosos monitores contan cunha ampla experiencia no trato con nenos, se vostedes mostran plena confianza no noso traballo, transmitirán á súa vez tranquilidade aos seus fillos. Seguro que é a primeira vez que moitos deles saen de casa.

Voltar Actividades

Entradas