parallax background

ACTIVIDADES


AULA EDUCATIVA

CAMPAMENTOS MATINAIS VERÁN 2019

Vigo Zoo

ORGANIZA
Concello de Vigo - Concellería de Medio Ambiente.


LOCALIZACIÓN
Instalacions educativas de Vigozoo


PREZO:
25 €/Quenda


DATAS:
Quenda 1 | 15-19 xullo “Vigozoo como espazo de acollida de animais“

Quenda 2 | 29 xullo - 2 agosto “Organización de sociedades animais (formigas, abellas, lemures)“

Quenda 3 | 5-9 agosto “Como repercute o plástico na vida dos animais“


DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE
É unha actividade participativa no zoo na que os nenos APRENDERÁN A RESPECTAR A NATUREZA e descubrirán da man dos seus monitores as características e particularidades dos animais de Vigozoo realizando visita aos distintos recintos, xogos e talleres de enriquecemento ambiental para os animais.”

HORARIO:
De 09:30 a 13:30 horas, con posibilidade de atención matinal desde as 8:00 e de recollida ata as 15:00. No caso de recoller aos participantes ás tres da tarde pódese traer comida de casa ou reservar menú directamente na cafetería (reserva e pago) cun custo de 5,50 €/día.


PRAZAS
As prazas ofertadas son un total de 40. Reservaranse por orde de solicitude, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados/as no Concello de Vigo. Poderanse inscribir en 3 campamentos elixindo un e quedando en lista de espera nos dous seguintes para dar prioridade a novos participantes.


DESTINATARIOS
Nenos e nenas nacidos entre o 2007 e o 2013 (6-12 anos). Con preferencia para os/as empadroados/as no Concello de Vigo.


PREINSCRICIÓN
Entre o 3 e o 14 de xuño, por orde chegada das solicitudes. No caso de quedar prazas vacantes ampliarase o prazo ata 7 días antes do inicio do campamento, ata completar prazas.

Deberase cubrir o formulario seguinte: Descargar PDF e remitir ao correo taquilla.vigozoo@vigo.org

A situación de admitido, excluído ou lista de agarda será comunicada aos solicitantes.

Se se solicita máis dunha quenda, indicar orde de preferencia. No caso de lograr praza nunha quenda, nas demais pasarase á lista de agarda.

Máis información: 986 26 77 83 de luns a venres (excepto festivos), de 10:30 a 20:00 horas.


DOCUMENTACIÓN:
Unha vez confirmada a prescrición, presentarase a documentación de xeito presencial no Servizo de Despacho de billetes de Vigozoo, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou ben en formato PDF lexible, enviado a taquilla.vigozoo@vigo.org

Documentación a presentar:
1. Ficha de inscrición debidamente cuberta
2. Volante de empadroamento.
3. Copia do DNI do participante ou copia do libro de familia.
4. Copia do cartón sanitario. O primeiro dia deberá presentarse o cartón sanitario orixinal
5. Xustificación do pago na conta ES33 2080 5000 6731 10194172 indicando “Campamento Verán 2019 – Quenda X”
Descargar Inscrición


PAGO
Unha vez confirmada a praza.


DEVOLUCIÓN
Se unha vez obtida a praza e realizado o pago correspondente, o/a inscrito/a non pode asistir ao campamento, soamente terá dereito á devolución da cantidade abonada no caso de que se xustifique por escrito, polo menos con 7 días de antelación ao comezo da actividade, e haxa motivos de forza maior debidamente acreditados.


Voltar Actividades

Entradas