parallax background

MAMÍFEROS

BURRICÁN DOMÉSTICO

Equus africanus asinus

SABÍAS QUE…?

Os asnos salvaxes se domesticaron ao redor do 5 000 a. C. converténdose en importantes animais de carga xa que son capaces de carrexar entre o 20% e o 30% do seu peso corporal.


Descrición

Presenta un talle que non supera os 120 cm de cruz e os 120 kg de peso. Teñen unha crina erecta e orellas longas que lle permiten captar mellor os sons e disipar a calor corporal. O pelame varía entre o branco e o gris. Alcanzan a madurez sexual entre os 2 e 2,5 anos. Normalmente teñen unha soa cría que nace tras unha xestación que dura entre 12 e 14 meses. A cría se desteta cando alcanza os 6 meses de idade.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É un animal herbívoro que se alimenta principalmente de alfalfa, palla, feo, herba, follas verdes ou secas (outono) e ramaxes.

Habitat

A especie salvaxe é orixinaria de zonas semi-desérticas africanas nas que a vexetación era pobre e escasa. En concreto o burro fariñeiro considérase unha raza autóctona galega que deriva do asno salvaxe africano.

Status

O burro fariñeiro atópase na actualidade en perigo, e quedan moi poucos exemplares desta especie.


Entradas