parallax background

BUFO REAL

Bubo bubo

Pode virar case por completo a súa cabeza (270º). É unha especie esencialmente crepuscular (máis activos á noitiña e ao amencer) e nocturna, aínda que pode presentar ritmos de actividade ao longo do día.

É o "rei da noite", a súa elevada capacidade auditiva e perfeccionada visión nocturna, xunto coas súas garras e o seu voo silencioso, convérteos nun dos máis eficientes depredadores da noite.

Durante o día ten as pupilas contraídas, moito máis dilatadas na escuridade da noite.


Descrición

A rapaz nocturna de maior tamaño. Chega a medir aproximadamente 70 cm e ten unha envergadura alar de 150 cm. É corpulento, con poderosas garras e voluminosa cabeza, da que sobresaen unhas longas "orellas", que son penachos, e os seus grandes ollos cor alaranxados. Presenta dorso e cabeza cor parda leonada, con abundantes manchas escuras, case negras. A parte baixa da cara e a garganta son brancas. Nas partes inferiores aparecen coloreadas de amarelo con manchas lonxitudinais moi escuras e grosas sobre o peito e unhas manchas verticais máis finas no ventre. A cola e as ás son con franxas transversais escuras. Os tarsos e dedos atópanse emplumados, e tanto o pico como as uñas son negros. A única diferenza entre machos e femias é que estas son máis grandes.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Son carnívoros. Aliméntanse de calquera cousa que poidan atrapar, desde ratas, ratos e cortas a presas máis grandes como cervatos, raposos, lebres, etc.. Tamén cazan aves como patos, outros bufos ou corvos e pequenos réptiles. Na península, as súas presas básicas son os coellos e as ratas.

Habitat

É unha ave sedentaria que prefire instalarse onde abunde a súa presa. Adáptase a gran variedade de hábitats, desde bosques pechados a semidesertos. Así nolo podemos atopar en bosques montanos, penedos, barrancos, ladeiras rochosas e estepas, etc.. Distribúese por gran parte de Europa, norte de África e Asia, desde Siberia ata China. En España aparece por todo o territorio, aínda que escasea na franxa norte e non existe nas illas.

Status

Os problemas que ten en liberdade son a destrución do seu hábitat e a caza ilegal. UICN: mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. CITES: apéndice II. Especie que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. Especie incluída no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas, xa que se considera unha especie de interese especial polo seu valor científico, ecolóxico... Está incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, xa que en Galicia é unha especie vulnerable que necesita unha especial protección para que non pase ao estado de especie en perigo de extinción.


Entradas