BONOS


Bonos VigoZoo

VigoZoo

Bonos Anuais

BONOS ANUAIS VIGOZOO
Vigozoo ofrece dous modalidades de abonos para o público que desee realizar varias visitas ao largo do ano, observando como cambia a paisaxe e o comportamento dos animais do zoo con ritmo das estacións.

A regulación destos bonos, será de acordo á Ordenanza Fiscal nº 53 do Concello de Vigo, reguladora das tasas polos servizos que presta a través do seu Parque Zoolóxico.

O abono individual é exclusivo e persoal e con él podes visitarnos sempre que queiras durante 12 meses consecutivos por un importe dun total de 18,20€.

Co abono familiar podes visitarnos coa túa familia tamén durante 12 meses consecutivos. É válido para familias de ata 5 membros con fillos que non superen os 18 anos de idade, por un importe total de 30,40€.

Documentación necesaria
-Fotocopia do D.N.I. do titular.
-Fotografía tamaño carnet de cada membro.
-Fotocopia do libro de familia (no caso dos bonos familiares).
-Ficha de inscripción completamente cuberta.
-Carta de normas firmada.

As fotocopias presentadas deberán ser fotocopias compulsadas.

Normativa
O bonos poderán ser solicitados os días laborais de apertura do parque no horario de taquilla.

OL PAGO REALIZARÁSE directamente na taquilla, por pasarela de pago ou por transferencia bancaria, unha vez aportada toda a documentación e TRAS O AVISO DE VIGOZOO.

Emitiráse unha entrada de bono provisional de 60 días de duración e posteriormente o parque fará entrega dun carnet definitivo de abonado persoal e intransferible na taquilla do Parque.

É imprescindible presentar toda a documentación solicitada para a emisión dun carnet de abonado.

Se o demandante do abono non entrega toda a documentación solicitada no prazo de 30 días hábiles, contados a partir da presentación do súa solicitud, deberá cursarse unha nova.

É necesario e imprescindible mostrar ao persoal de taquilla o/os carnét/s para acceder as instalacións de VigoZoo. Nol caso de non mostrar os carnéts, os abonados non poderán acceder a as instalaciones do Parque.

Renovación
O primeiro ano farase de forma automática, realizando o pago correspondente, sendo únicamente necesario cubrir a confirmación de datos na ficha destinada a tal efecto.

Se houbera modificacións respecto do inicial dentro de ese ano, deberáse de comunicar a VigoZoo, especificando no apartado de observacións o que proceda, adxuntando documentación, no caso que sea necesario.

Pago e tramitación por pasarela de pago
O pago e tramitación pode realizarse a través da pasarela de pago da plataforma online do Concello de Vigo a través do siguiente enlace:

https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/autoliq_vigozoo_bonos.jsp

Protección de datos
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/99, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase aos abonados e solicitantes da existencia de ficheiros nos que se almacenarán os datos que se recaban na tramitación de ditos bonos. Vigozoo comprométese a non utilizar estes datos para fines que non sexan os estrictamente necesarios para a realización do seu cometido, añadindo ademáis a absoluta confidencialidade e exclusividade, quedando prohibida a calqueira persona a súa revelación, copia, distribución ou o exercicio de calqueira acción relativa ao seu contido. O interesado pode exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante correo postal con copia do D.N.I. á dirección: Concello de Vigo – Vigozoo, PLAZA DEL REY 1 - VIGO (36202).


BONOS ANUAIS FAMILIAR
Tamén podes traernos a ficha de inscripción cuberta. Non olvides cubrir todolos datos con letra clara.

Descarga PDF


BONOS ANUAIS INDIVIDUAL
Cuando veñas a tramitar o bono anual, podes traernos a ficha de inscripción cuberta directamente por ti. Non olvides cubrir todolos datos con letra clara.

Descarga PDF


RENOVACIÓN BONOS ANUAIS
Descarga aquí a ficha de renovación do primeiro ano, se xa es abonado.

Descarga PDF


Tríptico do Zoo

Organiza a túa propia visita consultando o mapa coas diferentes instalacións que Vigozoo ofrécete para que a túa xornada no Parque sea o máis completa e satisfatoria posible.

Descarga PDF

Entradas