ANFIBIOS

AXOLOTE

Ambystoma mexicanun

As poboacións naturais estiveron a piques de extinguirse, debido ao seu interese científico e porque para os indíxenas era un manxar ao que lle atribuían a capacidade de curar a sífilis.

Poden chegar a comerse a súa cola e as súas patas, as cales rexeneran.


Descrición

É unha larva dunha clase de píntega que chegou á madurez sexual sen experimentar a metamorfose dos anfibios (neotenia), e que conservou por iso características larvais como as branquias, que destacan por ser externas e de cor vermella, aínda que tamén posúe pulmóns. De larva, a súa cor é máis ben clara (amarelo escuro), a medida que se fai adulto vaise escurecendo ata volverse totalmente negro. O seu corpo é groso coa cabeza aplanada.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase de pequenos animais acuáticos, larvas, lombrigas de terra, pequenos crustáceos, anacos de carne, etc.

Habitat

Habita as auga doces, pode atoparse nalgunhas lagoas mexicanas. Na actualidade é endémico das canles de Jochimilco.

Status

Atópase en perigo de extinción pola súa caza indiscriminada e pola destrución do seu hábitat.


Entradas