parallax background

AVES

AVELAIONA

Strix aluco

Os seus hábitos nocturnos e a chamada misteriosa, fácil de imitar, (huu hu huhuhuhuuu) deron lugar a unha asociación mítica da avelaiona ou curuxa laiona coa mala sorte e a morte.

Son difíciles de ver, aínda que en ocasións son delatados por pequenas aves do bosque que as obrigan a moverse de lugar por mor dos seus incansables reclamos de alarma.

Non é migratorio e é altamente territorial. Moitas aves novas morren de fame ao non poder atopar un territorio libre unha vez que deixa o coidado parental.


Descrición

Ave rapaz nocturna que mide aproximadamente 40 cm e a súa envergadura alar é de 90 cm. De cabeza grande, redonda e sen "orellas" plumosas. O seu disco facial esta delimitado por unha grosa raia negra que parte da fronte e chega á base do pico que é amarelo. Os seus ollos grandes parecen afundidos na súa cara e son case negros. O seu corpo repoludo e robusto cuberto de plumas que se mimetizan co ambiente. Podémolo atopar marróns, agrisados e avermellados, cun complexo deseño de punteados, barrados e vermiculados que imitan a cortiza das árbores. As súas garras son amplas e fortes recubertas de penuxe. A diferenza entre machos e femias é que estas son de maior tamaño.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

É un intrépido cazador tanto en voo como no chan. Basea a súa alimentación en pequenos vertebrados como ratos, cortas, ratas, coellos, aves pequenas, pombas, etc...

Habitat

Adáptase a gran cantidade e variedade de ambientes. Atopámolos en todo tipo de bosques maduros, de coníferas ou frondosas e a calquera altitude. Pero tamén habitan en campiñas arborizadas, soutos fluviais, parques e xardíns con árbores altas, así como en construcións humanas como canles de rega, edificios en ruínas, casas de campo, etc. A súa distribución abarca gran parte de Europa e Asia ata China e tamén nalgunhas zonas de África.

Status

UICN: mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. CITES: apéndice II. Especie que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo a menos que se controle estritamente o seu comercio. Especie incluída no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas, xa que se considera unha especie vulnerable que necesita unha especial protección para que non pase ao estado de especie en perigo de extinción. Non está incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


Entradas