ACTIVIDADES


AULA EDUCATIVA

ANIVERSARIOS 2018

Vigo Zoo

Ola amigos, en VIGOZOO sabemos o importante que é o día do voso Aniversario, por iso queremos que o celebredes connosco e que pasedes un día diferente e divertido coñecendo o mundo dos animais os seus costumes e curiosidades. Ofrecémosvos a posibilidade de pasar un día inesquecible e convertervos en NATURALISTAS de VIGOZOO da man dos nosos guías.

CALENDARIO
De luns a sábado en horario de apertura do zoo. (consultar páxina web). Non se celebrarán durante os meses de xullo e agosto.

HORARIO
De mañá (unicamente los sábados)
Horario 1: 11.00-14.00

De tarde:
Horario 1: 15.30-18.30 (novembro, decembro e xaneiro)
Horario 2: 16.00-19.00 (febreiro, marzo e octubre)
Horario 3: 17.00-20.00 (abril, maio, xuño e setembro)
* So un aniversario en cada franxa horaria.

A actividade inclúe:
• VISITA GUIADA: 2 horas de visita polas instalacións de VIGOZOO para descubrir os segredos dos animais a través de probas que deberán superar. Inclúe un pequeno taller/sorpresa na cabana da árbore no que os pequenos/as naturalistas terán a oportunidade de observar e tocar diferente material biolóxico. En caso de chuvia realizarase a visita nas instalacións do Exotarium.
• MERENDA: 1 hora nas instalacións de cafetería.
MENÚ: snacks, bocadillos de chourizo, queixo e xamón york, auga e refrescos, torta de chocolate con vela, e a elixir pizza ou sándwich de nocilla.

IDADE: de 3 a 14 anos.
NÚMERO DE ASISTENTES: mínimo de 10 e máximo de 20.
PREZO: 9,00 €/participante.
ACOMPAÑANTES ADULTOS GRATUITOS: máximo 4.
(Se hai máis adultos que queiran visitar as instalacións deberán abonar a tarifa da entrada correspondente)
IMPORTANTE: Permitirase a entrada gratuita á cafetería media hora antes da finalización do aniversario. (Si hai más adultos que queran visitar as instalacions deberán aboar a tarifa da entrada correspondente)
INVITACIÓNS: descargar no seguinte botón ou recoller na taquilla.
Descarga Invitacións
INFORMACIÓN E RESERVAS: taquilla Vigozoo, 986267783.

NORMATIVA
Debemos lembrar que Vigozoo está reforzando a súa posición como centro de acollida e recuperación de animais enmarcado nun proxecto de Educación Ambiental. moitos exemplares que se poden observar nas instalacións foron vítimas de malos tratos ou proveñen de centros de recuperación, polo que precisan dun ambiente tranquilo.
Para que a visita transcorra de maneira amena, divertida e educativa, e todos podamos gozar vendo os animais salvaxes que conviven no noso parque zoológico, é necesario cumprir as seguintes normas. Para motivar aos nenos cara ao agarimo aos animais e a súa contorna suxerimos que lean as normas que a continuación lles presentamos, este pequeno xesto axudará á nosa labor:

1. Non tocar aos animais do parque.
2. Evitar correr polas instalacións do parque, tanto os nenos como nós mesmos, nin subir nin traspasar os valos e muros de seguridade, están para protexernos.
3. Non tocar nin golpear os cristais, porque os animais asustaranse e se agocharán.
4. Procurar non gritar, pola mesma razón anterior.
5. Non dar para comer aos animais, porque lles podemos provocar importantes problemas de saúde e poden mancarnos.

Nesta visita acompañaralles un/a de os nosos/as monitores/as, por tanto, se queremos aprender curiosidades e características dos nosos animais debemos ir en grupo e sempre detrás do monitor/a. Se seguimos estas sinxelas normas, poderemos gozar dunha tarde inesquecible cos animais do parque zoolóxico.

No caso de que a hora de chegada dos participantes se retrase de forma importante respecto da hora fixada na reserva, a duración da actividade educativa reducirase.

IMPORTANTE: O cumprimento final da normativa exposta debe ser responsabilidade dos responsables e acompañantes adultos e o feito do seu incumprimento de forma reiterada terá como consecuencia a REDUCIÓN e/ou SUSPENSIÓN da mesma, sen que exista ningunha contraprestación económica nin reembolso do pago da entrada efectuado.

Voltar Actividades

Entradas