parallax background

AVES

AGUIA CALZADA

Hieraaetus pennatus

Recibe o nome de “calzada” en alusión á plumaxe que cobre as súas patas, a modo de calzas.

Como o resto das rapaces, a aguia calzada é indispensable para o equilibrio dos ecosistemas, xa que capturan animais enfermos e moitas especies prexudiciais para a agricultura.

Caracterízase por ser unha especie moi cantora, e a pesar de ser unha ave rapaz, pode ser cazada polo bufo real.


Descrición

O seu pico é negrizo con base azulada. Presentan dúas formas de coloración na súa plumaxe, independentes do sexo ou da idade, que son unha forma clara e unha escura. Onde a diferenza céntrase abrigo na zona ventral que adoita ser branco para a forma clara e de cor chocolate para a escura. E as garras amarelas. A súa envergadura alar oscila de 110-135 cm. É migradora de presenza estival e a súa actividade é diúrna. É a aguia europea de menor tamaño. Aniña nas árbores de bosques mixtos de piñeiros silvestres, carballos, etc. Pon de un a tres ovos, incubados pola femia, aínda que só sobrevive o pito de maior tamaño. É moi territorial e defende fortemente o niño. Nos claros sen árbores e nas beiras dos rios e regatos busca as súas presas para alimentarse. Realiza altos voos para cazar á espreita e elévase formando círculos.

¡Descobre máis especies!
Alimentación

Aliméntase de réptiles, paxaros, roedores e mamíferos de gran tamaño, e ás veces tamén de insectos.

Habitat

Ave migratoria. Durante o inverno o groso da poboación instálase na África subsahariana e o sueste asiático. En primavera vive en Europa, nos bosques que alternan superficies abertas e montes baixos.

Status

IUCN: Mínima preocupación (LC). A especie non require de medidas de protección especial, nin se aproxima a ningún dos parámetros para ser incluída nunha categoría de maior risco. Debido á destrución do seu hábitat, aínda que a súa poboación é estable, está considerada de interese especial pola UICN. É unha ave protexida. CITES: *apéndiceII. Especie que non está ameazada de extinción pero que podería chegar a estalo, a menos que se controle estritamente o seu comercio.


Entradas